Tweet El Cea: Supuesto curso de Asistencia Personal

jueves, 27 de agosto de 2009

Supuesto curso de Asistencia Personal

Este hombre llama al pan pan y al vino albariño.
Pero, ¿tú te crees que es serio que escriba en gallego un tal Nughallan que vive con los curas?

Logo de ver a información do enlace que me proporcionaches, non podemos dicir que o curso sexa de asistente persoal. É certo que ultimamente estase intentando desvirtuar o seu significado, intentando asimilalo como calquera outra figura sanitaria. Visto o temario, este encaixa máis ben na axuda a domicilio de toda a vida, polo que debería recibir ese nome.

Para ser asistente persoal non fai falla ter unha formación sanitaria previa, - aínda que pode ser útil en ocasións - senón que a formación ten que correr a cargo do propio usuario que é quen coñece as súas necesidades específicas, diferentes na maioría dos casos a outras persoas.

O asistente persoal serve para promover a vida independente polo que facer prácticas nun centro residencial como o de Bergondo non ten razón de ser.

Que o curso teña o recoñecemento da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría resulta algo curioso posto que a asistencia persoal está orientada principalmente a persoas novas, que estudan, traballan e fan unha vida activa. Non quere dicir que persoas en idade “xeriátrica” poidan realizar estas mesmas actividades, pero non parece que a xerontoloxía e a xeriatría sex unha referencia neste caso.

Vexo que entre o profesorado hai todo tipo de profesionais da rama sanitaria: médicos, enfermeiras, asistentes sociais, psicólogos... pero ningún usuario de asistencia persoal con experiencia. Parece absurdo que as persoas ás que vai destinado supostamente o curso non acheguen os seus coñecementos aos alumnos.

Resumindo, o curso non é de asistente persoal nin está orientado aos verdadeiros usuarios.

Dicir por último, que cando aparece reflectido nun C.V. un curso deste tipo loxicamente mantemos as nosas reservas. No caso da súa contratación como asistente, temos que cambiarlle o chip do modelo médico-rehabilitador onde a persoa se limita a ser guiada, polo verdadeiro modelo de asistencia persoal, onde o usuario ten o control total da situación.

Para rematar achego unha ligazón que pode ser de utilidade para entender a figura do asistente persoal: "Consideraciones sobre la figura del Asistente Personal en el Proyecto de Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia.
http://www.asoc- ies.org/docs/ la_%20figura_ del_asistente_ personal_ v1-1.pdf

Estes comentarios non teñen ningún ánimo de ir en contra de ningunha actividade, simplemente intentan aclarar cuestións que ás veces poden confundirse.

Saúdos

No hay comentarios: